Monumento Natural Costa de Dexo

Actividade MedioAmbiental para iniciar a andadura do novo curso académico no Club de Ciencia

Os/as participantes no Club de Ciencia durante o curso 2018/19 son invitados/as a realizar a visita ao espazo natural protexido que abarca a costa norte do Concello de Oleiros, o Monumento Natural Costa de Dexo.

Destacanmos dúas actividades, pertenecentes ao programa de Educación Ambiental “O mar e a costa, recursos valiosos para todos”:

Visita á Aula do Mar A antiga vivenda do fareiro dos faros de Mera alberga o centro de visitantes da Costa de Dexo – Serantes “Aula do Mar”. Conta cunha exposición permanente, que amosa os valores naturais e patrimoniais da zona.

Roteiro polo Monumento Natural Costa de Dexo. Polos sendeiros próximos a zona acantilada do espazo protexido realizase unha ruta a pé de baixa dificultade.

Obxetivos de actividade

  • Dar a coñecer os valores naturais e culturais da nosa costa para que o alumnado adopte actitudes e comportamentos positivos cara a súa conservación e uso sustentable.
  • Analizar as problemáticas ambientais da beiramar galega, a súa causalidade, efectos e axentes involucrados,
  • Descubrir as potencialidades que para un desenvolvemento local sustentable ten a declaración dun espazo protexido, recoñecendo e defendendo as súas limitacións de uso, como necesarias para a conservación e como potenciais para o desenvolvemento dunha nova relación co medio mais respectuosa e sostible.

Neste enlace poderás ver a ruta: https://www.relive.cc/view/vxOQAADB22O