XI día da Ciencia en Galego

Hoxe tivo lugar a conferencia de Sonia Villapol Salgado “Só a ciencia nos rescatará da pandemia“. Podédela ver no seguinte enlace.

Investigadora no Texas Medical Center(Houston, EEUU), forma parte do equipo de investigación internacional da COVID-19,  https://www.villapol-lab.com/

Coñecer o coronavirus para vencelo.  Nos últimos meses atopámonos inmersos nunha pandemia e todo cambiou de súpeto. En todo o mundo, o novo coronavirus que causa a famosa enfermidade do coronavirus do 2019 (COVID-19) expándese e apaga vidas. O SARS-CoV-2 chegou sen moito aviso e levamos aprendendo pouco a pouco como se transmite, como infecta e como podemos controlalo ou eliminalo. As vacinas son a única ferramenta para unha inmunidade colectiva e, mentres agardamos por elas, temos que aprender a protexernos e protexer, especialmente ás persoas máis vulnerables. Só coa investigación científica imos saír desta, todos e todas a unha. Nunca antes se fixeran tantos avances científicos contra unha enfermidade en tan pouco tempo. Hai que seguir a traballar ata dar cos mellores tratamentos e vacinas eficaces e seguras, mais debemos estar certos de que, unha vez máis, a ciencia será quen nos rescate.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s