Agra-Reutiliza

IMG_20181113_213628_952

PROGRAMA LANZADEIRAS.

Os alumnos de 2º da ESO participan no Programa Lanzadeiras para a promoción do emprendemento. Apartir das empresas creadas na aula taller de Tecnoloxía, constituiran unha Cooperativa de traballo “Agra-RE” có fin de conseguir investimento para unha actividade de fin de curso.

O 30 de xaneiro tivemos a visita do músico-luthier Abraham Cupeiro. Ensinounos os sons recuperados con instrumentos feitos por el. Inspirador para o noso proxecto para fabricar instrumentos con material de reutilizado.

IMG_20190131_112853.jpgIMG_20190131_114009.jpg

O 4 de febreiro tivemos a charla “Por qué no usamos el sentido común cuando emprendemos” con el couching Daniel Dieguez. Unha experiencia para achegarnos ás dificultades de emprender.

O 6 de maio tivemos a charla “Tómate o teu tempo: xestión eficaz do tempo” có especialista en emprendemento  Modesto Gómez Rodríguez.

O 9 de abril visitamos Lugo. O obxectivo da visita foi afondar máis na fabricación de instrumentos visitando o CENTRAD (Centro de Arte e Deseño) a súa colección de instrumentos, as réplicas dos instrumentos do Pórtico da Gloria e os Obradoiros de Luthiers.


  • O 4 de maio os alumnos participaron na xornada de divulgación do “Día da Ciencia en la Calle
  • O 13 de maio os alumnos fixeron unha feria de venta dos prototipos producidos