Mesa Redonda: Ensinar Estatística e probabilidade en tempos da COVID.

O pasado 6 de febreiro de 2021 tivo lugar a mesa redonda online ” Ensinar Estatística e probabilidade en tempos da COVID”. Con máis de cen seguidores foi todo un exito a xornada. Como representante do centro estivo a profesora de matemáticas María Ángel Martínez Rodríguez, espoñendo como traballou o ano pasado o club de matemáticas, que resultou finalista no concurso de Estatística de SGAPEIO.

Participantes:

  • María Ángel Martínez Rodríguez (IES Agra do Orzán. A Coruña)
  • Lucía Penas Vázquez (CPR Plurilingüe San José. Pontedeume)
  • Santiago Covelo Bugallo (IES Vilalonga. Sanxenxo)

Modera: Covadonga Rodríguez-Moldes Rey (SGAPEIO).

20 Outubro- Día Mundial da Estatística

Celébrase cada cinco anos o 20 de Outubro. A conmemoración deste día ten por obxecto concienciar ao público sobre a importancia do traballo que os estatísticos/as desempeñan a diario.

A terceira celebración deste día chega co tema “Conectando o mundo con datos nos que podemos confiar”, o cal reflicte a importancia da confianza, os datos autorizados, a innovación e o ben público nos sistemas estatísticos nacionais.

O centro IES Agra do Orzán súmase á celebración deste día cuns carteis expostos no centro onde se fai referencia ao Club matemático do centro que traballa nesta rama das matemáticas.