Feira Matemática

Este ano a XVII FEIRA MATEMÁTICA celebrámola este vindeiro sábado 6 de abril no Hall de Proa de PALEXCO, dende as 11 h ata as 20 h. O noso alumnado de 4º da ESO representará o IES Agra do Orzán con xogos matemáticos creados por eles mesmos e algún collido da Biblioteca. Contamos coa vosa presenza. De seguro que gozaredes dunha xornada entretida.

Lembrade que tedes ata mañá, 3 de abril, para votar pola isopía preferida. Estas son as que a Asociación Galega de Educación Matemática (AGAPEMA) preseleccionou entre as que mandastes vós.

Só podedes emitir un voto por categoría. Entrade nesta ligazón